A Feira dás Cereixas demostrou por que é Festa de Interese de Galicia

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

BASILIO BELLO

A cita de Paiosaco arrasou en público e destacaron as propostas complementarias

03 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Feira dá Cereixas de Paiosaco demostrou onte, unha vez máis, por que é Festa de Interese Turístico de Galicia. Unha celebración consolidada, coa xa exitosa feira de cada primeiro e terceiro domingo de cada mes como base, aderezada coa exaltación da froita estrela. E, ademais, actividades paralelas do Concello da Laracha e os comerciantes: difusión turística, maiores lazos co Jerte e outras zonas produtivas, elaboracións culinarias, ambiente musical e festivo (charangas, grupos tradicionais, orquestras), bares cheos... Conclusión: o pobo a lume de biqueira. Ata unha nora, pero adaptada aos nenos. Aínda que ao mediodía había quen dicía ver menos que outros anos, pero a partir dese momento ir incrementando cada vez máis, coas xa tradicionais e longas colas de coches, que nunca faltan, pese ao traballo constante de Protección Civil e Policía Local.

Repartidos por toda a feira, decenas de comerciantes con produtos de todo tipo e, por suposto, cereixas. Quizais o dobre do habitual. Unha veterana vendedora de froita de queixaba de que algúns aproveitaban para engadir as cereixas ao que vendían habitualmente, mesmo na caseta institucional. Pero a verdade é que as caixas e bolsas da froita voaban sen parar dun lado para outro.

«Vén sempre a todas as feiras, e quere vela enteira»

 

 

Jesusa Castiñeira é natural de Andoio, pero leva case toda a súa longa vida (101 anos) en Paiosaco, onde traballou con tres xeracións da Casa O Estanco. Sempre acode ás feiras, levada polas súas fillas e neta: «Vén sempre a todas as feiras, e quere vela enteira», dicían.

«Traemos cereixas, marmelo e licores»

 

 

Non só había cereixas: tamén os seus derivados. E ademais, dun lugar como o Jerte. Jorge Campaña e Rocío González, de Boiro, presentaban onte os produtos do Jerte. «Temos cereixas, marmelo e licores, e tamén embutidos, que alí, pola altura, danse moi ben», sinalaba Jorge.

«Repartimos 1.600 vasos, e máis que houbera»

 

 

Silvia Vázquez, de Paiosaco, xunto a Jorge López, encargouse de preparar e repartir gratuitamente cócteles con e sen alcol con sabor a cereixa: «Repartimos 1.600 vasos, e máis que houbera». Todo un éxito, con longas colas para os mojitos, daikiris, frappés e cereixa coada.

«No concurso houbo moita participación»

 

 

A Asociación de Comercio, Servizos e Industria dá Laracha organizou un concurso de sobremesas para non profesionais, con once elaboracións. «No concurso houbo moita participación, estamos moi contentos», explicou Concha Iglesias , a presidenta. E para os mellores, premios.