Unha de cal e outra de area para o Lubiáns na súa xira por Asturias e Navarra
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO
O conxunto carballés gañou ao Telecable (1-7) e perdeu contra o Rochapea (4-2)
08 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.Aproveitou o Escola Lubiáns que tiña que viaxar a Navarra a enfrontarse co Rochapea para facer unha parada tamén en Xixón e medirse ao Telecable nun choque da xornada 9. O balance foi desigual.
En Xixón, o venres, os de Ramón Canalda impuxéronse con autoridade (1-7), exhibindo o seu poderío ofensivo con catro tantos de Álex Novoa, dous de Álex Pérez e un de Álvaro Trigo.
Só vinte e tres horas despois e co desprazamento incluído ata Navarra, o cansazo afectou e o Rochapea acabou levándose o partido nos últimos minutos (4-2), cando foi expulsado Chipi. Con estes resultados, o Lubiáns non conseguiu recortar puntos co Ordes, segundo clasificado.