Abre hoxe ao público a cafetería do centro sociocultural de Paiosaco

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

.

Funcionará de luns a sábado, de 16.00 a 20.00 horas

03 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello dá Laracha anunciou onte a apertura ao público da cafetería do centro sociocultural de Paiosaco. Empezará a funcionar hoxe mesmo, con horario de 16.00 a 20.00 de luns a sábado, co ánimo de ofrecer un espazo de convivencia e punto de encontro para a veciñanza. Previa á apertura do espazo, melloráronse instalacións e equipamentos.