Moita festa polo Carme e outras propostas para este venres na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Axenda diaria | Arte, cinema, divulgación, literatura e historia... Hai ben onde escoller este 18 de xullo na comarca

18 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Ademais do concerto de Mondra en Carballo (22.30, Praza do Concello, ver aquí), estas outras propostas para hoxe, venres 18 de xullo, na Costa da Morte:

Cee

Inauguración de exposición • Logo da exitosa mostra de Fernán Vello chega unha nova exposición á Casa da Cultura. Hoxe, ás 20.30 horas, apertura da proposta conxunta de Pedro Domínguez Fernández e Manuel Quiñoy. Estarán acompañados pola edila Luisa Rodríguez e a alcaldesa, Margarita Lamela.

Visitas guiadas ao museo Fernando Blanco • Botan a andar os percorridos guiados de verán. Saída ás 10.30 horas do museo, con inscrición previa no 981 747 221.

Corcubión

Cita cos librosA Capela do PIlar acolle ás 20.00 a presentación da obra Golpistas e represores: retratos e memoria histórica de falanxistas galegos, de Luís Lamela. Acompañan Rafael Mouzo e Álex López. Por outra banda, de 19.00 a 21.00, no Casino, Ángel Martínez Moar firmará exemplares do libro Cen anos de saudade: Corcubión 1923-2022.

O Ézaro (Dumbría)

Espectáculo audiovisual • Nova cita na fervenza. De 22.30 a 00.30, O Eco do Ézaro: suma de patrimonio natural, tecnoloxía e mitoloxía galega. Toda unha experiencia inmersiva. Gratuíto.

Festas pola comarca, dun lado ao outro

Sardiñada en CamariñasSardiñada de balde na praia Area da Vila (14.00), amenizada por un dúo e a charanga Santa Compaña. Inchables para os nenos. Pola noite, orquestra Miramar e discoteca Macro Impacto.

O Carme en CercedaDianas e alboradas ás 09.00, misa ás 13.00, sesión vermú ás 14.00 e verbena ás 23.00 coa orquestra Furia Joven e a discoteca Impacto co DJ Bermúdez.

O Carme de Moraime (Muxía) • Gran churrascada e verbena coa discoteca CDC, a partir das nove da noite.

O Carme do Briño • Día de romaría no Concello de Cabana. Misas ás 12.00 e 13.00, con pasarrúas da banda Eduardo Pondal (Corme) e a charanga Santa Compaña. Vermú con Fuego e verbena con Fuego e Fania Blanco.

O Carme en Barizo (Malpica) • Hoxe, verbena coa orquestra Metrópolis, discoteca Impacto e Drew Korme.

Cabana

Visita nocturna a Dombate • De 23.00 a 00.00, outro xeito de coñecer o dolmen. Inscrición previa no teléfono 981 754 020 (Concello).

Laxe

TeatroAo carón do local social de Soesto, ás 19.30 horas: obra Un rei e outros animais.

Muxía

Doble sesión de concertos • Ás 13.30 e 19.30, no cámping Lago-Mar. Turnes & His Lago Delta e Blues Boys.

Vimianzo

Hambur Bingo • Promove a comisión de festas, na Praza ás 20.30, con sorpresas.

Malpica

De cine • Ás 22.30, na Praza do Campo, para público familiar, proxección do filme Los Mitchel contra las máquinas.

O Couto (Ponteceso)

Programa Xermolar • Comezan as sesións formativas para xuventude da Fundación Pondal e Casa da Muller. Ás 19.00 horas, código braille.