Toba recibiu a lombeirada de González Formoso na festa do PSOE muxián

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

«Eufórico de cariño». Así dixo estar o alcalde de Muxía tras a tradicional cita en Ponteconstante

26 jun 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

«Eufórico de cariño». Así dixo estar o alcalde de Muxía , Iago Toba, tras a tradicional festa celebrada polo PSOE local en Ponteconstante. Foi o ano de máis concorrencia, aprecian os socialistas, e con xentes de todas as idades. Estaban apuntadas 250 persoas, pero chegaron outras moitas sen estar inscritas. «E todas foron recibidas», dixo Toba, que quixo agradecer aos seus compañeiros de goberno e de partido o apoio recibido tras ounos anos moi difíciles, «de moita soidade». «Quedei sen maioría absoluta, pero non me quitaron o cariño da xente», dixo orgulloso. E agradeceu especial e emocionadamente a sorpresa que lle deu o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, que acudiu por sorpresa á celebración. No encontro tamén participaron os alcaldes e alcaldesa de Ponteceso , Carnota e Vimianzo.