A Xunta destina 18 millóns a axudas para obrar en camiños de acceso a parcelas agrícolas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Poden solicitalas os concellos ata o 26 de febreiro

08 feb 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta de Galicia convocou un plan de axudas para que os concellos melloren camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas. O orzamento supera nun 26 % ao da anterior convocatoria e roza os 18 millóns de euros, repartidos en dúas anualidades: 4,3 para 2022 e 13,6 para o 2023. Á provincia correspóndenlle 5,4 millóns e os concellos, que teñen de prazo para adherirse ao plan ata o 26 de febreiro, poden pedir estas axudas para ampliar, mellorar ou facer traballos de mantemento nos citados camiños, incluíndo actuacións que supoñan un incremento do longo da vía, o reforzo do firme e de terrapléns ou a limpeza das marxes.