O Sofán cae con dignidade na casa do líder, o Somozas

Melissa Rodríguez
melissa rodríguez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

luís gonzzález

Os carballeses callaron «o mellor partido da tempada» pese ao resultado, 2-0

28 novs 2021 . Actualizado ás 23:01 h.

O Sofán asinou unha nova derrota e xa van tres seguidas, resultados que levan ao equipo bergantiñán a seguir pechacancelas na Terceira Nacional, pero distintas son as sensacións tras o choque na casa do líder, o Somozas, no que perderon por 2-0. «Fixemos o mellor partido da tempada». Así de contundente mostrouse este domingo o adestrador dos carballeses, Alberto Rodríguez. «Tuteamos ó líder. Síntome orgulloso de ir a Somozas e quitarlle o balón por momentos», engadiu.

Non tiveron o mellor inicio os rojillos, que aos cinco minutos encaixaron o primeiro tanto. Pablo Rey aproveitou o rexeite nunha falta no campo do Somozas. Pero foron coa lección aprendida e seguiron concentrados na súa formulación: levar a cabo unha presión moi alta para tratar de quitarlles o balón.

Na primeira parte faltoulles dar o último pase, aspecto que melloraron tras a continuación. De feito, tiveron dúas boas ocasións para devolver a igualdade ao electrónico ao comezo do segundo período: unha de Paulo dentro da área, e outra de Rubén sobre a liña de gol, que sacou un defensa. Tras unha primeira entrega igualada, os bergantiñáns fixéronse co partido nesa primeira media hora. Foi no minuto 74, co Sofán envorcado arriba, cando chegou o 2-0 definitivo nas botas de Marcos Álvarez ao aproveitar os espazos. De novo, os visitantes seguiron intentándoo e tiveron varios achegamentos perigosos, como un de Alexandre, no que golpeou por amais do gardameta.

«O traballo do equipo é bo, aínda que sen sumar, é difícil progresar e cada vez as xornadas pesan máis, pero non lles podo dicir nada ós xogadores hoxe», comentou Alberto, quen se sente confiado no banco. Un aspecto é o que teñen que seguir labrando: non encaixar axiña que. O Arzúa será o primeiro rival de tres nunha semana.

Ficha técnica

SOMOZAS (2): Souto; Asier, Cabarcos, Pacheco, Manu, Santi, Pablo Rey , Quico, Marcos Álvarez, Maroñas e Cañi. Tamén xogaron Alberto Rey , Aldán, Bruno e Do Río.

SOFÁN (0): Julián; Borja Pita, Dani Becerra, Fita, Raúl, Paulo, Martín, Rubén Fraga, Fabián, Manu e Godoy. Uníronse, despois, Alexandre, Galego, Kolie e Eibe.

GOLES: 1-0, 5: Pablo 2-0, 74: Marcos.

ÁRBITRO: Amarelas para o local Maroñas e os visitantes Rubén, Paulo e Gody.

INCIDENCIAS: Décimo terceira xornada de Terceira División no Alcalde Manuel Candocia.