Retirado o niño de velutina que estaba xunto a un río en Cereixo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Finalmente, as peticións dos veciños foron escoitadas e os técnicos retiraron o niño

19 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha brigada enviada pola Xunta de Galicia eliminou o domingo pola mañá un niño de velutina que se atopaba nunha árbore xunta ao Rego de Riotorto, na parroquia vimiancesa de Cereixo .

O sistema utilizado foi o habitual, con disparo de insecticida, pero nesta ocasión, segundo os veciños, utilizaron menos cantidade e fixérono con maior coidado para que o produto non contaminase a canle. Precisamente esa foi a razón que esgrimiron os técnicos para evitar quitar o niño na primeira ocasión que se lles presentou, hai máis dunha semana, cando acudiron a retirar outro na mesma zona.

A situación provocou alarma entre os veciños, que temeron que o avispero quedase no lugar, cos problemas que iso provoca. A pesar diso, chamaron ao 012 para demandar a retirada que finalmente se fixo efectiva o domingo.