A ponte de Baio pechará de novo ao tráfico este luns

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

A previsión é que non se poida circular por el ata finais de novembro

16 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde este luns, día 18, e ata finais do próximo mes de novembro a ponte sobre o río Grande que une A Piroga (Vimianzo) con Baio (Zas) volverá estar pechado ao tráfico rodado para continuar cos traballos de acondicionamento que executa a Consellería de Infraestruturas. Hai dous meses que se permite o tránsito por un só carril, regulado por semáforos, pero xa no inicio do verán estivo pechado varias semanas.