O presidente da Real Academia de Belas Artes, de visita no MACCMO de Corme

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CONCELLO DE PONTECESO

Visitou a mostra Facer Camiño, que estará exposta nas instalacións cormeláns ata o 17 de outubro

13 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Non puido acudir á inauguración, celebrada a mediados do mes de setembro, máis o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo non quixo deixar de visitar o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme, e botar unha ollada á exposición aínda vixente Facer Camiño.

A mostra, promovida pola propia Academia con motivo do Xacobeo 2021, busca maneiras de relacionar a arte co Camiño de Santiago e recolle 23 pezas de autores como Acisclo Manzano, Manolo Paz, Mencho Lamas, Xurxo Lobato, Miguel Anxo Prado ou Soledad Penalta. Pinturas, esculturas ou fotografías son algunhas das creacións das que se pode gozar na mostra, que será visitable ata o vindeiro 17 de outubro.

Durante o seu percorrido polo museo, Quintana estivo acompañado polo alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido.