A Xunta prevé abrir un carril da ponte de Baio este venres

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Tras importantes atrasos, sopesaron días atrás o 16 de agosto, pero finalmente, se todo vai segundo o previsto, será esta semana

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Un carril da ponte de Baio reabrirase ao tráfico, en principio, este próximo venres, informou Infraestruturas e Mobilidade. Co termo dos traballos de hormigonado previstos para esta semana, ese día, a última hora, agárdase ter as barreiras e semáforos dispostos para reabrir un carril ao tráfico. Este acontecemento foi moi agardado polos veciños e establecementos da zona, que debían efectuar un desvío pola autovía para chegar aos seus fogares ou atraer clientes. Houbo queixas porque as obras se atrasaron, e fai apenas unhas xornadas que se indicou como data de reapertura dun carril o 16 de agosto: finalmente, polo indicado, será antes.

A finais de setembro o tráfico será cortado de novo para estender o formigón aos apoios da estrutura e colocar as laxas que permiten ampliala. A Xunta de Galicia asegura que «está a traballar intensamente na rehabilitación da ponte» e prevé que todo estará rematado a principios de outono.