O Calvo Escola Lubiáns de hóckey renova a Fabián Suárez e Javier Fuentes , dous alicerces

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Así o comunicou o club este domingo, con numerosos eloxios para cada un deles

02 ago 2021 . Actualizado ás 20:19 h.

O Calvo Escola Lubiáns de hóckey confirmaba este domingo as renovacións de de «dous piares fundamentais» o club. Un deles é Fabián Suárez (Carballo, 43 anos), capitán. Seguirá unha tempada máis: símbolo do club, espello para os nenos, traballo, esforzo, sacrificio, lealdade... Así o describen. O outro é Javier Fuentes (A Laracha, 41 anos): «O noso porteiro máis veterano aportará a súa experiencia unha tempada máis. Gran compañeiro, noble e querido por todos, sempre disposto a arrimar o ombro para axudar ao equipo».