O Melga de Ponteceso xa ten un novo embaixador, o escritor José López

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Profesor en Tui, é experto en xogos e deportes tradicionais en Galicia

01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

«O auténtico universo dos xogos, entretementos e deportes». Así definiu José López, escritor, profesor en Tui e experto en xogos e deportes tradicionais en Galicia, o que puido achar no Museo Etnolúdico, o Melga de Ponteceso. Vello compañeiro de Ricardo Pérez e Verdes, puido gozar xunto á súa esposa, Esther Cabaleiro, dunha «curta» visita polo inmoble. Dúas horas de aprendizaxe que lles souberon a pouco, porque prometeron volver, e traer ademais alumnos. López realizaba estes días unha visita turística pola Costa da Morte.