A brigada municipal traballa na conservación da Carballeira de Baio

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ademais de mellorar a conservación das árbores, pretenden incrementar tamén a seguridade na zona

08 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A brigada municipal traballa estes días na Carballeira de Baio co obxectivo de mellorar a conservación das árbores, así como de incrementar a seguridade na zona. Así, na área estanse levando a cabo tarefas de limpeza e mantemento. Os labores céntranse fundamentalmente nunha poda de saneamento dos carballos que o necesitan, ademais da retirada de ramas secas e de cortar a herba.