O Paiosaco e Otero confirman o seu bo momento co terceiro triunfo da tempada

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Superou ao Ribadumia (1-0) e está a 16 puntos da salvación cando restan 21

03 may 2021 . Actualizado ás 00:23 h.

O Paiosaco logrou máis vitorias na fase pola permanencia en Terceira (2) que en toda a liga regular (1). Este domingo Otero volveu marcar por terceiro partido consecutivo. O seu gol solitario no minuto 44 deulle o triunfo ante o Ribadumia na Porta Santas (1-0).

Os verdibrancos viñan de perder pola mínima fronte á UD Ourense e de gañar contra o Atios. Nesta xornada confirmaron o seu bo momento, así como o de Otero, e ponse a 16 puntos da salvación (restan 21).