A Academia de Belas Artes homenaxea ao arquitecto ceense Domingo de Andrade

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Homenaje a Domingo Antonio de Andrade en Cee, el pasado verano
Homenaxe a Domingo Antonio de Andrade en Cee, o pasado verán ANA GARCIA

Hoxe celebrarase un acto en lembraza ao arquitecto polo Día das Artes Galegas, dedicadas ao ceense en 2020 e 2021

01 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Capela da Concepción da Catedral de Santiago • 13.30 horas • A Real Academia Galega de Belas Artes homenaxeará hoxe ao arquitecto de orixe ceense Domingo Antonio de Andrade, a quen se lle dedicou en 2020 e 2021 o Día das Artes Galegas, conmemorado anualmente cada 1 de abril.

O acto terá lugar ás 13.30 na Capela da Concepción da Catedral de Santiago, lugar onde está soterrado Andrade. Participarán o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez; o deán da Catedral, José Fernández; o director da Fundación Catedral e académico numerario Daniel Lorenzo e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana.

Ademais, asistirán tamén ao acto diversos académicos, así como o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela e o arquitecto do Plan Director da Catedral de Santiago, Javier Alonso.

O cartel para a celebración do Día das Artes Galegas foi deseñado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Andrade que se atopa na Facultade de Xeografía e Historia da USC, obra do pintor Felipe Criado.