Yacar Racing iniciou o Campionato de España de autocrós en Lleida

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

O equipo acode a esta cita tempo despois polo covid

28 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O equipo Yacar Racing está a estrearse esta fin de semana no Campionato de España de Autocrós en Lleida. Compite en carcrós absoluto, júnior e promoción e División 1.

Na primeira categoría, Darío Calviño e Óscar Palomo pilotan os primeiros chasis XC-FIA, en tanto que Javier Ramilo e Daniel Remuiñán, os Yacarcross con homologación nacional. Na segunda figuran Mario Burgueño e Diego Martínez. Na terceira están Antonio Herrerías ?o vixente campión?, Diego Pandelo, Sergi Pérez, Roberto de Miguel e Enrique Sánchez. Para rematar, en División 1 partirá Perfecto Calviño, o actual campión.