Vimianzo aproba 93 solicitudes para as axudas PEL-Reactiva

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Das 121 empresas inscritas, 28 non cumprían os requisitos desta convocatoria. Repartiranse 160.577,20 euros

20 ene 2021 . Actualizado ás 20:30 h.

O Concello de Vimianzo aprobou a concesión provisional de 93 solicitudes de adhesión ao plan provincial PEL-Reactiva (axudas para a reactivación económica pola crise do coronavirus) por importe de 160.577,20 euros.

Ata 121 empresas solicitaron esta compensación, pero 28 delas non cumprían cos requisitos establecidos na convocatoria. En todo caso, daráselles 10 días hábiles para formular as alegacións que desexen.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca o «compromiso do presidente da Deputación co noso tecido empresarial para facer fronte común ante este problema», asegura, e engade: «Desde as institucións temos que seguir traballando para conseguir novas liñas de axuda que complementen ás que xa realizamos con anterioridade».