Litoral, Camiño ou surf, novas liñas do turismo provincial

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CEDIDA

«Aspiramos a ser competitivos e imos intentar selo máis que o resto dos territorios», explicou Xosé Regueira

21 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación da Coruña, a través do presidente, Valentín González Formoso, e o presidente, Xosé Regueira, acaba de presentar a campaña de promoción turística da provincia coa que buscan situar o destino e atraer visitantes nun mercado que aposta polos recursos naturais, seguros e saudables. Unha iniciativa na que, afirman, «956 kilómetros de costa e un camiño infinito dan para moito», que ademais é o lema co que buscan atraer a turistas. A Costa da Morte xoga aí un papel esencial, cun enorme litoral, gran potencia surfeiro e o Fin do Camiño con varias rutas xa moi consolidadas. Todos eles atractivos nunha época como a actual, na que o covid condiciónao todos, tamén as viaxes, segundo detallaron Regueira e Formoso.

«Aspiramos a ser competitivos e imos intentar selo máis que o resto dos territorios, porque confiamos nas posibilidades do noso territorio para superar a situación na que estamos a vivir», explicou Regueira. Cre que a tempada se salvou na zona rural máis que nas cidades.