Arrincaron as fases de ascenso para o Xiria e o Artai de baloncesto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Os tres partidos disputados acabaron en derrota

21 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Basket Xiria e Baloncesto Artai iniciaron esta fin de semana a competición coa disputa das fases de ascenso a Liga Galega, no caso dos equipos cadete feminino e júnior masculino da primeira entidade, e a Primeira División júnior feminina, no caso da segunda. Os tres partidos disputáronse no pavillón Vila de Noia e todos acabaron en derrota para os representantes carballeses.