Lemos, tras o empate na Porta Santas: «Por esta liña imos gañar moitos partidos»

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

«Isto acaba de empezar, o conxunto está feito para ascender», engadiu Remeseiro

20 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Bergantiños non levou os tres puntos no derbi disputado na Porta Santas contra o Paiosaco, senón que só un (1-1). No entanto, as sensacións foron moi boas e con ese aspecto queda o míster, José Luis Lemos, que presaxia un futuro moi bo: «Fomos moi superiores ao rival e a polos tres puntos ata o final, de modo que non se lle pode recriminar nada ós xogadores. A falta de acerto de cara ao gol privounos da vitoria. Pero o importante é que vimos ben ao equipo e por esta liña imos gañar moitos partidos», comentou na canle social do club. «Isto acaba de empezar, o conxunto está feito para ascender», engadiu o autor do 1-1, Remeseiro.