Segunda lesión grave no reinicio da actividade

Melissa Rodríguez
melissa rodríguez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Guillamet, do Basket Xiria, súmase a Rubén, do Bergan, e rompe o xeonllo

30 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Vai pouco máis de mes e medio desde que os equipos da zona retomaron a actividade tras o parón polo covid. O certo é que nas últimas semanas, dous deportistas xa se lesionaron de gravidade. É o caso de Rubén Fraga, do Bergantiños, e de Jorge Guillamet, do Calvo Basket Xiria, que romperon o ligamento cruzado do xeonllo. O primeiro sufriu a rotura no primeiro amigable da pretemporada, disputado o pasado día 19, contra o Paiosaco. O segundo, fíxoo o día 7, no primeiro adestramento que realizaba (incorporouse máis tarde que os seus compañeiros por motivos laborables). No entanto, foi nas últimas xornadas, tras realizar varias probas, cando se confirmou que ten que pasar por quirófano.

Ambas as lesións déronse de forma fortuíta. De feito, responsables de ambos os clubs confirman que a volta á actividade foi progresiva, cunha adaptación mellor da agardada. O certo é que quedan cun home menos, cada un deles, como mínimo seis meses. Desde o Bergan non descartan fichar a outro xogador para suplir a baixa de Rubén. No Xiria, cubrirán a Guillamet con xente do equipo de Terceira galega. O base estaba chamado a ser peza crave no conxunto de Liga EBA.