O carballés Fran Cristóbal sumará visión de xogo ao Calvo Artai

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

É o terceiro das fichaxes do equipo de baloncesto carballés de cara á próxima tempada

29 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Fran Cristóbal Brandón, Fran (Sofán, 1992), é o terceiro das fichaxes do Calvo Artai de cara á próxima tempada. Leva toda a súa vida xogando ao baloncesto, contan desde o club, que destaca del a súa gran visión de xogo, a súa capacidade para elixir a mellor opción en ataque e o seu gran lanzamento de media e longa distancia. Reforzará o posto de base no equipo, que xogará por segunda tempada consecutiva en Segunda División.