«Feminino singular, en plural», nova obra literaria de Concha Blanco

Definen desde Baía Edicións a obra como «un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade»


Desde Baía Edicións decláranse «felices» de poder anunciar a chegada dunha nova obra da escritora ceense Concha Blanco . A prolífica autora suma á súa haber Feminino singular, en plural, un traballo de cuxas ilustracións se encarga Laura Romero . Tal e como describen desde a editorial en redes, trátase de «un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade». No libro poderá o lector achar poemas biográficos, dedicados a mulleres galegas singulares que lograron fazañas moitas veces silenciadas, pero tamén versos a mulleres anónimas.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 votos
Comentarios

«Feminino singular, en plural», nova obra literaria de Concha Blanco