A unidade para doar sangue chega á Laracha, Muxía e Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Estará pola mañána e pola tarde

26 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe, unha unidade de doazón de sangue estará na praza do Concello da Laracha de 10.00 a 14.00 e de 16 a 21. Ao día seguinte, o xoves, o camión para doar permanecerá aparcado diante da lonxa de Muxía de 10.30 horas a 14.00 e de 17.30 ata as 21. O venres chegará a Cee, onde parará diante do centro de saúde entre as 10.30 horas e 14.00, e pola tarde de 17.30 a 21.00.