Karting | Mateo Añón, segundo no campionato de Castela e León

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

O carballés tamén retomou este mes o campionato galego

21 sep 2021 . Actualizado ás 11:08 h.

O carballés Mateo Añón retomou a mediados deste mes o campionato galego de karting na Madalena (Concello de Forcarei) e foi quinto tras facer pole nos tempos e sufrir problemas mecánicos na final. Esta fin de semana, no campionato de Castela e León, no Silvar, asinou o segundo mellor tempo e resultou segundo na final.