Luz verde a novos traballos no xacemento da Croa do Castro de Cerqueda, Malpica

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Con toda probabilidade, esta prospección geofísica levará a cabo a finais do mes de agosto

26 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Malpica deu luz verde para que os expertos poidan seguir investigando sobre a orixe da Croa do Castro de Cerqueda. Así, o equipo de goberno local permitiu que se utilice un gradiómetro, tras a talla de eucaliptos e o triturado das ramas resultantes, actuacións previas que levaron a cabo hai semanas.

Con toda probabilidade, esta prospección geofísica levará a cabo a finais do mes de agosto, o cal servirá para dar un impulso turístico. O executivo presidido por Walter Pardo Añón pretende que sexa unha actuación aberta ao público dado que non é moi frecuente ver in situ traballos arqueolóxicos destas características.

Cabe lembrar que en abril do ano 2015, o arqueólogo Carlos Otero Vilariño xa levou a cabo unha proba parcial de prospección no subsolo da Croa do Castro. Naquel recoñecemento ao terreo detectou a existencia dun muro na entrada, os indicios dunha casa derrubada, un camiño interior e moito metal, posiblemente cascos de cartucho.

Agora, e de novo baixo a súa supervisión, vaise analizar a práctica totalidade do xacemento en busca de novos sinais e evidencias de estruturas arqueolóxicas non visibles desde a superficie mediante unha técnica que poderá documentar estruturas lineais enterradas, ou a detección de concentracións de metais pesados.