Sysca retomou a preparación case catro meses despois

Melissa Rodríguez
melissa rodríguez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

Os integrantes do club carballés de salvamento adestráronse onte na praia de Razo en grupos reducidos e sen contacto

07 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A primeira entidade deportiva da zona en retomar a actividade cos seus integrantes foi a AD Fogar carballesa de natación e tríatlon coas escolas da base. O Club de Salvamento e Socorrismo Carballo fíxoo onte na paya de Razo como era habitual nos meses de verán.

Foron preto de 70 deportistas desde categoría benxamín a absoluta os que de 10.00 a 15.00 correron ao longo do areal. Os meses de parón obrigado pola pandemia e o mal estado do mar implicaron a que a actividade se desenvolvese de forma suave pola area.

Os grupos reducidos e o distanciamento social foron clave neste primeiro día de traballo. Cando se use material deportivo levarán a cabo continuas desinfeccións.