Primeiras visitas teatralizadas do verán nas Torres do Allo

La Voz

CARBALLO

BASILIO BELLO

Como sempre, é a compaña Os Quinquilláns a encargada de facelas realidade

07 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

As visitas teatralizadas a cargo dos Quinquilláns convertéronse, durante o verán, en todo un reclamo nalgúns dos bens patrimoniais máis destacados da Costa da Morte. Empezaron o sábado en Dombate e chegaron o domingo a Vimianzo, no castelo, e ás Torres do Allo (Zas), imaxe superior. Son unha forma diferente de achegarse á historia de cada monumento, porque todas as obras se sosteñen nunha lectura fidedigna dos feitos, contados de forma amena. As visitas teatralizadas no dolmen de Cabana son os sábados, ás 18.00 e 19.30 horas. No castelo de Vimianzo, os domingos, ás 12.30 e 17.00. No Allo, tamén os domingos, ás 19.30. En todo caso, propostas gratuítas, que se suman en cada un dos bens a visitas guiadas dispoñibles para quen se achegue. Lucho Penabade e Tero Rodríguez encarnan en cada unha desas localizacións a personaxes que no seu día contaron e aínda teñen moito que contar.