Catro alumnos do CPI O Cruce, recoñecidos nun concurso de Educación

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Participaron en «Atréveche a ter unha idea», un certame encadrado nun plan de emprendimiento para o sistema educativo de Galicia

05 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda acaba de ser recoñecido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no marco do concurso «Atrévete a ter unha idea», un certame encadrado nun plan de emprendimiento para o sistema educativo de Galicia.

O obxectivo deste programa é que os alumnos coñezan o sistema industrial da súa contorna e que se fomente a cultura emprendedora nos centros propiciando que os escolares teñan confianza nas súas propias capacidades.

Participaron neste certame nenos de quinto e sexto curso de educación primaria, e de primeiro e segundo da ESO dos centros públicos. Para concorrer, os alumnos tiveron que buscar unha idea de negocio e redactala como máximo en dúas páxinas. Os premios concedidos recoñecen as mellores propostas de negocio en cada zona.

Catro escolares do CPI O Cruce foron galardoados: Mario Porrúa, de quinto, con «DeAppmorzo»; Aroa Gómez, de sexto, con «Comida para nenos»; Christian Mareque, de primeiro da ESO, con «Rewater» e Inés Cagiao, de segundo, con «Carriño da compra intelixente».

Co colexio cercedense colaborou para este concurso da Xunta o Centro Integrado de Formación Profesional Someso e a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón (Arteixo).