O candidato socialista á Xunta, Gonzalo Caballero, estará hoxe en Ponteceso e Camariñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

PACO RODRÍGUEZ

Será ás 18.00 e ás 20.00 horas, respectivamente. O BNG pontecesán, do seu lado, celebra acto na Garga

04 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, fará hoxe dobre parada na Costa da Morte despois de participar nun mitin na Coruña xunto co presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Pasará primeiramente polo recinto feiral da Trabe, en Ponteceso, onde recalará ás 18.00 horas; despois, ás 20.00, estará na Praza dá Insuela de Camariñas.

Acto do BNG na área recreativa da Garga

 

Os candidatos nacionalistas Daniel Pérez e Xoán Sande participarán hoxe nun acto público do BNG na área recreativa da Garga, en Ponteceso. Será ás 20.30 e estarán acompañados por representantes do grupo local.