Unha «cadea de mensaxes» do alumnado do Manuela Rial

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Bonita iniciativa a proposta polo centro. Nela soa de fondo o mítico "We are the world"

02 abr 2020 . Actualizado ás 13:20 h.

Máis dun centenar de alumnos do colexio Manuela Rial Mouzo, de Cee, protagonizan desde as súas casas un emotivo vídeo filmado en catro idiomas para agradecer o labor de quen loitan contra o coronavirus e instar á poboación a que permaneza en casa.

O director, Jesús Sánchez, di sentirse «moi orgulloso da gran familia que é a comunidade educativa do Manuela Rial» e agradece o esforzo e implicación tanto de alumnos, como de familias e docentes.

Sánchez agarda que esta iniciativa «supoña unha inxección de moral a nivel xeral para estes duros momentos polos que está pasando toda a sociedade», asegura.

Como pano de fondo a esta fantástica iniciativa soa o tema We are the world, que se converteu xa en todo un himno das causas sociais. «Foi escollida por ser un canto á solidariedade e á esperanza, e no convencemento de que os rapaces son a semente dunha sociedade mellor e máis xusta», indica Sánchez.

O vídeo é difundido a través das redes sociais.