«Teño medo de coller o coronavirus»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Ramón Rodríguez Varela é un veciño pontecesán de 90 anos de idade

22 mares 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ten 90 anos de idade e reside no centro urbano de Ponteceso. Ramón Rodríguez Varela reside coa súa esposa e unha irmá. Ambas sofren unha serie de patoloxías que as fan moi vulnerables a un posible contaxio polo COVID-19, sobre todo en espazos públicos como un supermercado ou unha farmacia.

Ramón Rodríguez Varela explicou onte que adoita recibir axuda municipal, en forma de comida «cada catro meses», pero desde que saltou a alerta sanitaria, xa pediu a axuda dos servizos sociais do Concello de Ponteceso: «Tráennos leite, aceite... o que poden. A verdade é que estamos moi agradecidos porque nos axudan moito», apuntou. E engadiu: «Eu podo baixar a facer a compra, de feito adoito ir ao supermercado e á farmacia, pero agora teño medo de baixar á rúa e coller o coronavirus, por iso, prefiro chamar ao Concello e que nos boten unha man. Ao ter á miña muller e á miña irmá enfermas, baixar á rúa pode supor contaxialas». Este servizo que recibe Ramón Rodríguez e a súa familia compleméntase co da limpeza, que realiza por horas unha persoa para facilitar as tarefas do fogar a estas tres presentas maiores e dependentes.