Prosegue en Lituania o foro sobre crise migratoria no que participa o Concello larachés

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Cedida

Representantes dos vinte socios participantes visitaron o centro de refuxiados de Rukla

09 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Na segunda e última xornada do foro sobre crise migratoria, que leva a cabo na cidade lituana de Kaunas, coa presenza da Laracha, os representantes dos vinte socios participantes visitaron o centro de refuxiados de Rukla.

Alí mantiveron un encontro co director do centro, Robertas Mikulenas, onde os asistentes a este programa promovido pola Unión Europa puideron coñecer a realidade dos refuxiados, escoitaron os testemuños de residentes e asistiron a unha mesa redonda, integrada por emigrantes, expertos e técnicos.

Cabe lembrar que a delegación do Concello da Laracha intégrana o alcalde, José Manuel López, e os edís Ramiro Bello e Cristina Vieites.