O BNG ofrécese para defender o emprego en Tres Mares de Lires

La Voz CEE / LA VOZ

CARBALLO

O deputado Néstor Rego visitou a piscifactoría

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O deputado do BNG en Madrid, Néstor Rego, e o portavoz municipal en Cee, Serxio Domínguez, visitaron onte a piscifactoría de Tres Mares en Lires, preocupados pola situación da factoría que podería deixar de funcionar o ano que vén se leva a cabo a modificación do regulamento da Lei de Costas pretendido polo Goberno central.

Os nacionalistas quixeron deixar claro que Tres Mares non se pode pechar o ano que vén e eles van estar aí para defender os postos de traballo coas medidas que sexan necesarias. Explicaron que esta é a consecuencia de adoptar desde Madrid unhas decisións que son iguais para o Mediterráneo que para a Costa da Morte, cando as realidades sociais, económicas e mesmo paisaxísticas non teñen nada que ver. Por iso reclamaron a necesidade de decidir desde Galicia as cuestións que son propias.