COGAMI imparte en Cabana un curso administrativo para desempregados

La Voz

CARBALLO

Participan 14 persoas, todas elas con certificado de discapacidade

23 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

COGAMI imparte nas instalacións de Íntegro un curso para desempregados sobre operacións auxiliares de servizos administrativos e xenerais no que se están formando 14 persoas: 4 mulleres e 10 homes, todos eles con certificado de discapacidade do 33 % como mínimo ou con incapacidade laboral para a profesión habitual. Teñen entre 21 e 52 anos e proveñen de Malpica, Coristanco, Laxe, Vimianzo, Zas, Cabana e A Laracha.