Charla sobre a acreditación de competencias no IES Monte Neme

La Voz

CARBALLO

ANA GARCIA

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 7 de febreiro

23 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O instituto carballés Monte Neme acolleu esta semana unha charla informativa sobre a acreditación de competencias profesionais, cuxo prazo de solicitude estará aberto ata o próximo 7 de febreiro. Explicouse aos asistentes o procedemento a seguir, a oferta de unidades de competencia, as sedes e a documentación a presentar.