Resoltos os premios da campaña comercial de Nadal da Ponte do Porto

La Voz

CARBALLO

BASILIO BELLO

Repartíronse, en total, 2.700 euros para gastar nos comercios adheridos

20 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación de Veciños Río Porto, da Ponte do Porto, repartiu na súa campaña comercial de Nadal 2.700 euros a gastar nos establecementos adheridos á iniciativa. Repartíronse en vales, da seguinte forma: 1.000 euros, na Tavernetta; 600 euros, dado na xoiería O Faro; 400 euros, nun taller mecánico; 350 no bar O Cabazo e, para rematar, outros 350 repartidos na Xestoría Lema.