O Xiria venceu 25-28 en Vigo ao Lavadores

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Os de Adrián Dubra gañaron por 25 a 28 nun duelo que se decidiu a favor do cadro carballés a partir da segunda parte

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Calvo Xiria venceu en Vigo ao pechacancelas de Primeira Estatal de balonmán, Lavadores. Os de Adrián Dubra gañaron por 25 a 28 nun duelo que se decidiu a favor do cadro carballés a partir da segunda parte. E iso que o partido arrincou moi desfavorable para os visitantes, tendo en conta que os vigueses se foron por diante no marcador, chegando ao descanso con triunfo parcial para o Lavadores (14 a 12). Tras o regreso de vestiarios, o Xiria apertou e logrou asinar táboas no minuto 35 de partido: 15-15. A partir de aí foi netamente superior e acadou rendas de dúas e tres goles a favor, para finiquitar o choque, cun 25-28.