Fisterra abre a porta á súa Semana Santa

La Voz

CARBALLO

JORGE PARRI

Onte foi presentado o cartel e o vídeo promocional para esta edición

19 ene 2020 . Actualizado ás 18:35 h.

Tremendamente madrugadores foron este ano os fisterráns, que presentaron onte o cartel e o vídeo promocional para esta semana Santa 2020, declarada de Interese Turístico Nacional e que estará presente a semana próxima en Fitur, así como nunha exposición a nivel nacional en Valladolid .

Do 3 de abril, Venres de Dolores , ao 13, Luns de Pascua, Fisterra será todo fervor. «Orgullo e devoción é o que sinte un fisterrán cando chega a Semana Santa, unha festa que é o resultado dun esforzo colectivo», expresaban onte desde a xunta de confrarías durante a presentación.

O alcalde, José Marcote, puxo o acento na lonxevidade da celebración. «Non é o mesmo manter unha tradición durante varios anos que durante séculos, como vimos facendo aquí. Iso é algo que hai que poñer en valor», engadiu o alcalde.