A Escola Municipal de Música de Vimianzo apoia ao seu profesor Iván Villar na estrea de «Leira»

La Voz

CARBALLO

Uns oitenta alumnos desprazáronse ata o teatro Rosalía de Castro coruñés

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis de 80 alumnos da Escola Municipal de Música de Vimianzo desprazáronse ata o Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, para apoiar ao bailarín e profesor na escola Iván Villar, na estrea do espectáculo «Leira», de Nova Galega de Danza. Acudiu tamén a alcaldesa e varios concelleiros do goberno municipal.