Idas e vindas e marchas para sempre no fútbol da comarca

Melissa Rodríguez
Melissa Rodríguez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

O defensa Arejula, do Silva, aterra no Laracha, é un dos últimos movementos

16 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Preferente Galicia | O defensa Miguel Arejula Elías, do Silva, aterra no Laracha

O presidente do Laracha, José Manuel Ceide, Canito, informou onte dunha nova incorporación ao equipo. Trátase do defensa logroñés Miguel Arejula Elías, de 19 anos. Procede do Silva de Terceira División. Na pasada tempada xogou no Ural, de División Honra xuvenil.

Primeira Galicia | Sandelo regresa ao Soneira tras o seu paso polo Mazaricos

O mazaricán Mario Núñez Rodríguez, máis coñecido como Sandelo, acaba de incorporarse ao Soneira, equipo no que xa estivo en anteriores tempadas. O centrocampista de 25 anos comezou esta tempada no Mazaricos. Será o 22 de marzo cando se mida aos seus ata agora compañeiros.

Liga dá Costa | Faleceu Manuel Louro García, O Pana, histórico capitán do Lira

Manuel Louro García, coñecido polo Pana, faleceu este martes aos 49 anos. O veciño de Lira foi o histórico capitán do equipo carnotán co mesmo nome, o home que máis partidos, e minutos disputou, así como o que máis veces portou o brazalete da entidade branquivermella.

Liga Promesas feminina | A técnica do EF Luís Calvo, Isabel Vázquez, deixa o equipo

A valdeorresa Isabel Vázquez Rodríguez, de 25 anos, deixa de ser adestradora do Escolas Luís Calvo Sanz da Liga Promesas feminina para seguir formándose en México. Laura Seoane, que exercía de segunda, contará co apoio de Noelia Amarelle, compañeira no Bergan feminino.