Hemeroteca: A neve e o xeo causan problemas na comarca

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

JOSE MANUEL CASAL

O parque acuático de Cerceda cubriuse cun manto branco

11 ene 2020 . Actualizado ás 23:24 h.

O 2010 arrincou con moito frío na Costa da Morte, tanto que durante varios días o Aquapark de Cerceda, que é a meca da diversión estival, cubriuse cun manto de neve que lle dada un aspecto moi estraño.

Á marxe da curiosidade de ver os tobogáns completamente brancos e pequenos icebergs flotando polas piscinas, a onda de frío provocou non poucos problemas nas estradas, ata o punto de que boa parte dos alumnos do colexio cercedense do Cruce tampouco puideron ir ao colexio porque o autobús non chegou a recollelos.

A consecuencia das baixas temperaturas no hospital Virxe da Xunqueira de Cee tamén se multiplicaron os ingresos e as urxencias.

Tamén houbo numerosos problemas na estrada que une Carballo con Santiago, ata o punto que o transporte público por esa vía quedo cortado.

Tras o frío chegou unha fronte chuviosa que rematou de facer complicado aquel xaneiro de fai dez anos.