Carballo Calero acolle a segunda xornada da Liga Galega Infantil de natación

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Tras a disputa da primeira xornada, a Agrupación Deportiva Carballo e Oleiros ocupa a curta praza na xeral

11 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A piscina Carballo Calero acolle hoxe, en horario de tarde, a segunda das xornadas da Liga Galega Infantil de natación. Na competición participarán nove equipos, que suman 109 deportistas, 56 en categoría feminina e 53 na masculina. Tras a disputa da primeira xornada, a Agrupación Deportiva Carballo e Oleiros ocupa a curta praza na xeral. Para a xornada de hoxe o club bergantiñán convocou a 36 nadadores, con idades comprendidas entre os 14 e os 16 anos, dos que 20 son mozas e 16, mozos. O obxectivo inicial para hoxe é manter a cuarta posición na clasificación.