Sete días de actividades en Nadal no Espazo Educar do Couto

La Voz

CARBALLO

BASILIO BELLO

Haberá desde música tradicional, deporte, robótica, deporte, conta contos... Será os días 23, 24, 26, 28 e 31 de decembro, así como o 2 e o 4 de xaneiro

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que as catro conferencias iniciais do Espazo Educar do Couto aínda non remataron, xa hai preparado un programa posterior de cara ás vacacións do Nadal que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 28 e 31 de decembro, así como o 2 e o 4 de xaneiro.

levará a cabo polas mañás, ás 13.30 horas, e polas tardes, ás 19.30, sempre na sede da Fundación Eduardo Pondal.

O alumnado de 3 a 12 anos estará a cargo de monitores especializados, con quen traballarán en expresión dramática, cantos do Nadal, corresponsabilidade e xogos tradicionais.

Haberá diferentes invitados: profesorado do IES de Ponteceso; Paula Lema, en lingua de signos; Diana Pastoriza, para falar de pensamento tradicional; Xaquín Mato e Irma Macías, que abordarán aspectos relativos á música tradicional; a AD Abellariza para falar de deporte; Sabela Fernández cun conta contos; unha representación teatral de Tamara Lema, Eloy Espasandín e Eloy Mato; Gerardo Reino, que traerá robótica; Sistema Lupo, de arquitectura.

Tamén se presentará o libro «Adeus chupete», de Alba Mato e farase un coloquio ao redor de óbraa «Maternidade real», de Beatriz Antelo.