Presentado o proxecto europeo Acadas para recoñecer a capacitación das persoas con discapacidade

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

cedida

Persoas de cinco países reúnense en Carballo invitadas por Aspaber

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Carballo acolleu onte a presentación do proxecto europeo Acadas (alianza para o recoñecemento inclusivo de méritos educacionales, un Erasmus no que participa Aspaber e centros de Turquía, Italia, Irlanda, Grecia e Croacia.

Os membros do proxecto foron recibidos polo alcalde, Evencio Ferrero, quen destacou o compromiso do Concello pola incorporación das persoas con discapacidade á vida cotiá e laboral. Ademais, visitaron o Museo de Bergantiños e pasaron o resto da xornada nas instalacións de Aspaber, onde se desenvolveu unha intensa xornada de traballo.

O día 15 haberá un acto aberto no Fórum carballés sobre a situación educativa na Unión Europea, ademais de varias conferencias sobre este asunto.

O programa ten como finalidade a elaboración de recomendacións e boas prácticas que axuden á Unión Europea e aos seus estados membros a tomar decisións para que se recoñeza dalgún xeito o conseguido polos alumnos con discapacidade tras a súa etapa formativa, independentemente de se chegan a titular ou non.

A directora de Aspaber, Dolores Fernández, explicou que os usuarios do centro non adoitan ter titulación académica. «O sistema dálles a adaptación curriculares que permite a súa escolarización, pero non que saquen o título», explicou.

Estes días analizarase ademais un informe da Unión Europea no que se indica que existe un altísimo abandono escolar cedo por parte das persoas con discapacidade, polo que é o sistema o que os exclúe.