Máis de 150 Contos de Nadal do 2019

Xosé Ameixeiras
A. Lavandeira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

O vindeiro domingo daranse a coñecer os gañadores dos premios

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A creatividade literaria dos nenos da Costa da Morte cotiza á alza. Son 157 os escolares que presentaron obras para o concurso Contos de Nadal, organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz e patrocinado por EDP Renovables a través da Fundació EDP. É para alumnos de segundo ciclo de primaria. Entregaron obras escolares de dez colexios. Algún máis quedou fóra do certame por entregar os contos con dez días de atraso e cando o xurado xa valorara parte das composicións.

O acto de entrega dos premios está prevista para o próximo día 21. Haberá premios para os dez primeiros.

Entregaron obras dentro do prazo indicado dez colexios da Costa da Morte

Dez colexios da Costa da Morte entregaron os traballos dentro do prazo establecido, o 25 de novembro. Son os centros do Areal (Sardiñeiro-Fisterra), con catro contos; San Luís Romero (Carballo), con doce; Eduardo Pondal (Ponteceso), cun; As Revoltas, de Cabana, con 35; Xosé Pichel, de Coristanco, con 17; A Cristina, de Carballo, con 47; Manuela Rial Mouzo, de Cee, con 27; Bormoio, de Agualada-Coristanco; con 6; Canosa Rus, de Coristanco, con 3, e Labarta Pose, de Baio, con 5.

Con estes dez centros e os 157 traballos entregados chégase así á 16.ª edición dos Contos de Nadal.