Un espectáculo infantil porá o broche á XV Mostra de Teatro de Malpica

La Voz

CARBALLO

Será no auditorio do Centro Cívico, a partir das 20.30 horas

06 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Mostra de Teatro de Malpica chega esta noite ao seu fin co último pase do seu décimo quinta edición. O espectáculo, apto para todos os públicos, correrá a cargo de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos, a partir das 20.30 horas no Centro Cívico, con «A nena e o grilo máis aló».

Na obra, unha nena e un grilo en procura de novas aventuras pisan á súa amiga Xertrude, unha araña. Buscando un modo de devolvela á vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e a música no país dos mortos, onde tratarán de atopar a Xertrude e traela de novo. Unha divertida historia, evocadora á súa vez, que transportará ao espectador ás viaxes máis emocionantes. Os artistas interpretarán, como bonus, música en directo.

Ao finalizar o espectáculo o público poderá valorar a obra depositando o seu voto nunha urna, e a posibilidade de puntuación vai do 1 ao 5.