Un alumno do IES Agra de Leborís, premio ao esforzo e a superación

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

JOSE MANUEL CASAL

Outorgáronse unha vintena de galardóns, dotados con 750 euros cada un

06 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Educación publicou onte no Diario Oficial de Galicia a concesión dos premios de educación secundaria ao esforzo e a superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019. Estes galardóns, que recoñecen a capacidade de superación de dificultades de 20 alumnos que cursaron 4.º de ESO, están dotados con 750 euros por cabeza. Un dos premiados foi un alumno do IES Agra de Leborís da Laracha.