As Torres do Allo acolleron un magosto e foliada popular

La Voz

CARBALLO

BASILIO BELLO

Foi un día completo o sábado, cun obradoiro infantil pola mañá e o ciclo Monografías do Allo pola tarde, ademais do magosto

03 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Pola mañá, obradoiro infantil con temática de outono; pola tarde, un ciclo de conferencias para pór en valor e dinamizar o patrimonio local; e xa pola noite, un magosto no que non faltou a boa música e a diversión nas Torres do Allo. De animalo encargáronse a Asociación Cultural Adro, a Asociación Baile Tradicional Churía e a Asociación Cultural Trubisquiñas. Houbo castañas, está claro, pero tamén tortillas, filloas e biscoitos.